"Eixos Cromáticos"
Eixos cromáticos levaranos nunha viaxe -da man do trío formado por Alba Barreiro, Margarida Mariño e Pablo Mera- a través dalgunhas das composicións de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. A súa obra orquestral e pianística é transcrita e arranxada por Alba Barreiro para arpa soa e trío formado por frauta, violoncello e arpa, co fin de ampliarmos o repertorio para este instrumento con música da nosa terra.
Fotografía de Jerry Noia.
O título do disco móvese arredor do concepto de cromatismo, moi presente na obra destes dous autores con dous eixos que unen os estilos compositivos destes autores coas propias características da arpa. Mentres que Gaos utiliza unha harmonía moi cromática e con continuas modulacións que aproveita á perfección a arpa co seu sistema elaborado de pedais, Bal y Gay basa o seu estilo en continuos contrastes tímbricos utilizando a intrumentación e xogos tonais traducidos a este instrumento utilizando un gran abano de sons e efectos postos en diálogo coa frauta e o violoncello.
Repertorio
Andrés Gaos
-
Cantos Celtas. Segundo movemento da sinfonía "En las Montañas de Galicia"
-
Suite Hispánicas:
Muiñeira
Habanera
Zortzico
Jesús Bal y Gay
-
Tres piezas
Epitalamio
Elegía
Ditirambo
-
Oda a Don Quijote